REGUEIFA CONTRA O MACHISMO.
O referente feminino escollido para o mes de xaneiro foi LEONARDA DE TALLO, a primeira muller regueifeira que se coñece en Galicia.
A regueifa é unha controversia entre dúas ou máis persoas en forma de verso, e facendo un pequeno homenaxe a esta muller regueifeira ao mesmo tempo que se reflexiona sobre a necesidade de denunciar calquera comportamento ou conduta machista, propúxoselle ao alumnado que intentara compoñer unha regueifa contra o machismo. Cada alumna e alumno debería ir elaborando unha estrofa, conformando entre todas unha regueifa completa.
Aquí deixamos a proposta da actividade .....................
E aquí a regueifa completa montada coas estrofas do alumnado do CS Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos.........Hoxe imos á regueifaa loitar polas nosas irmás,que por culpa do de sempre,non voltaron respirar..... (David Villar)Non volveron respiraras Mulleres asasinadasIsto ten que concluírPara que as almas queden sanadas (Iván Calvo)Para que as almas queden sanadasestas mociñas valentes,contra toda-las violenciashanche de saca-los dentes. (Manu Porto)
Hanche de saca-los dentesporque están todas fartasdos teus piropos de merda,e que lle miren ás faldas. (Manu Porto)
Hoxe ao machismo escribímoslle este verso,non deixaremos que nos venzan esta guerra,todos os machitos acabaredes presos,ao final imporemos nosa bandeira. (Diego Díaz)Que non che conte milongas ese parvounidas contra a fenda salarialtodas xuntas por un mesmo obxectivosen estar debaixo dun teito de cristal (Gabriel González)
Sen estar debaixo dun teito de cristalQueremos todas avanzarEsta sociedade tan machistaTemos todas e todos que cambiar (Pablo Millor)
Ningún comentario:
Publicar un comentario