REFERENTES GALEGAS PARA O CURSO. 

Como fío condutor do Proxecta Donas de Si propuxéronse diferentes mulleres galegas como referentes femininos respecto dos cales se organizaron algunhas actividades. 



Así,

En OUTUBRO, mes adicado a URANIA MELLA, elaborouse un mural dixital con biografías desta mestra e defensora da igualdade e a liberdade durante a Guerra Civil.




En NOVEMBRO, mes adicado a CARME ADÁN, ademais da lectura corrida de parte do libro "Feminicidio", no que participou alumnado de diferentes ciclos formativos (CM Xestión Administrativa, CS Imaxe para o Diagnóstico, CS Sistemas de Telecomunicacións, CM Coidados Auxiliares de Enfermaría.......) e da participación no Faladoiro "Violencias Machistas: Balance e Retos", elaborouse tamén un mural dixital con biografías desta política e Doutora en Filosofía.



Ningún comentario:

Publicar un comentario