OS MITOS DO AMOR ROMÁNTICO.  

Os mitos do amor romántico son crenzas sobre o amor entre dúas persoas e as relacións de parella que están presentes no imaxinario colectivo e a sociedade acepta como verdadeiras, a pesar de que na maioría das ocasións supoñen unha simplificación e distorsión da realidade.

No mes no que todos os establecementos se enchen de corazonciños vermellos e que nos medios de comunicación non deixamos de escoitar falar dun tal San Valentín, queremos facer unha reflexión sobre o concepto do amor e as súas trampas.... comportamentos "xustificados socialmente" como ou por amor e que non poden estar máis lonxe do concepto real de amor.

Por iso, as alumnas do CM de Coidados Auxiliares de Enfermaría de Dual elaboraron unhas infografías sobre los "mitos do amor romántico" onde se deixa de manifesto o perigo que conteñen moitas mensaxes que o que fan é normalizar e/ou "romantizar" comportamentos machistas e de control sobre a muller.

Esta é a proposta da actividade, como sempre, a través da aula virtual:



E o resultado podedes velo a través da seguinte imaxe interactiva......

CANVA Mitos do Amor Romántico - Febreiro 2023 de Raquel Martínez Rivas

Ningún comentario:

Publicar un comentario