OS DEREITOS HUMANOS.

A galega referente feminina de decembro foi CONCEPCIÓN ARENAL, escritora e defensora dos dereitos das mulleres e das persoas presas. Coincidindo ademais co mes no que se conmemora o aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, organizouse algunha actividade relacionada con esta temática, e como na maioría das ocasións, a través da aula virtual.

Nunha delas propúxoselle ao alumnado elaborar unha infografía sobre un dos dereitos humanos. A infografía tiña que estar elaborada coa ferramenta CANVA (traballando así tamén as TICs) e o artigo sobre o que se tiña que facer o traballo era asinado pola profesora a cada alumna e alumno, para evitar así duplicados. Así foi a proposta:



O alumnado foi elaborando os seus traballos aos que a profesora podía acceder dende o propio Canva.

E algún exemplo dos resultados.....


CANVA Dereitos Humanos Decembro 2022 de Raquel Martínez Rivas 

Outra proposta para traballar a Declaración Universal foi a seguinte: explicar os dereitos humanos a través de debuxos, e dícir, propúxoselle ao alumnado explicar un dereito humano utilizando a técnica do Visual Thinking....


A proposta da actividade: 




A cada alumna e alumno asinóuselles un artigo. Algún dos resultados foron os seguintes







Ningún comentario:

Publicar un comentario