C´EST QUI, CETTE MEUF?

As profesoras Anabela e Katia do departamento de francés organizaron co seu alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato un traballo sobre referentes femininos de Francia.

A tarefa propúxose a través da Aula Virtual da seguinte maneira: Atribuíuse unha muller francófona a cada persoa. O alumnado tivo que entregar a través da aula virtual un traballo individual redactado en francés no que figurasen os elementos seguintes: unha foto da personaxe, o seu nome, as coordenadas do lugar de nacemento e unha breve descrición que terían tirado de diferentes fontes na rede. Utilizouse un modelo en Word de maneira que puideran entregar un traballo uniforme e manipulable.

 Finalmente, os produtos finais foron consolidados e subidos a Google Earth pola profesora e expostos aos alumnos durante unha sesión. Aquí o resultado


Ningún comentario:

Publicar un comentario