QUE É CONSENTIMENTO?

Para o 25 de novembro o alumnado elaborou bocadillos co que para elas e eles significaba “CONSENTIMENTO”, o requisito básico dunha relación sexual san. Así, a través da aula virtual propúxoselles a actividade, entregáronse cartolinas tamaño A4 para que debuxaran os bocadillos, escribiran a frase e decoraran o seu traballo.
O resultado foi moi bo. Participou bastante alumnado, principalmente de ciclos formativos (CAE, CAE Dual, CS IDMN e CS STI).
Tamén se elaborou un panel para os corredores con mensaxes do que é consentimento e novas sobre agresións sexuais. Por último tamén se fixo un cartaz para a entrada do instituto.




Ningún comentario:

Publicar un comentario