OS DEREITOS HUMANOS VERSIÓN VISUAL THINKING.
A terceira
data traballada
no primeiro trimestre foi o 10 de decembro, data na que se conmemora a
adopción por parte das Nacións Unidas da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Nun
momento no que os conflitos armados proliferan, onde a tensión internacional
está acadando un nivel elevadísimo, e onde a sociedade cada vez está mais
polarizada cuestionando temas tan esenciais como os dereitos humanos, traballar
esta data considereina esencial para que o alumnado reflexionase sobre a esencia
do humano, sobre como os discursos de odio están calando na sociedade e sobre
identificar onde están os límites da intolerancia. Unha Carta de Dereitos
fundamentais e inalienables que a ONU redactou como resposta aos “actos de
barbarie aldraxantes para a conciencia da humanidade” cometidos durante a
Segunda Guerra Mundial debe ser mencionada e recordada sempre, pero sobre todo
nos momentos nos que as atrocidades se repiten, e a intolerancia se impón. Ler
o articulado da declaración e entendela para poder explicala mediante o debuxo
implicou unha labor por parte do alumnado de entender, reflexionar, interpretar
e cuestionar.

A
actividade propúxose no grupo de 1º do Ciclo Superior de Imaxe para o
Diagnóstico, no módulo de IPE 1 Adxúntase unha captura de pantalla da aula
virtual coas indicacións da tarefa:
O produto final do
traballo móstrase a continuación nunha presentación de Canva. Tamén
foi incorporado a un traballo sobre os Dereitos Humanos realizado na
ferramenta Genially.
Por último este traballo servirá de base para a elaboración o próximo curso dun xogo de mesa en Polos Creativos, para traballar estes contidos nas aulas da ESO, Bacharelato e nos cursos da FP Básica principalmente.