FALADOIRO SOBRE ENDOMETRIOSE
O 30 de xaneiro desenvolveuse no centro un Faladoiro sobre a Endometriose, impartido pola Asociación “Querendo” de Mulleres vítimas desta doenza, e participaron o alumnado do 1º curso do CS de Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear e do 1º curso do CM de Técnico de Coidados Auxiliares de Enfermaría. Con esta actividade o que se pretendía era poñer de manifesto os nesgos que existen na Medicina á hora de diagnosticar unha doenza, sobre todo cando se refiren a enfermidades que son propias das mulleres.
A Endometriose é unha doenza que afecta so ás mulleres, e en moitos casos os síntomas banalízanse ou non se presta á atención debida o que acaba derivando en situacións moito máis graves.
Tanto por ser posibles vítimas desta doenza como futuro persoal sanitario, a finalidade deste faladoiro é sensibilizar ao alumnado con esta doenza, de xeito que no caso de atoparse cun posible caso de endomentriose, se fagan as probas diagnósticas necesarias, na mesma medida que se realizan aos homes, en lugar de derivar ás vítimas aos profesionais da saúde mental sen facerlles unha triste exploración, só polo feito de ser mulleres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario