SEGUNDA TEMPADA DO CLUB DE LECTURA DE IGUALDADE
Durante todo o curso desenvolveuse tamén o Club de Lectura de Igualdade, grazas ao apoio do coordinador xeral do Club de Lectura
Henrique Salvador Estévez Hernández e ao alumnado que participou no mesmo,
alumnado maioritariamente do 1º Curso do CS de Imaxe para o Diagnóstico e
Medicina Nuclear.
PRIMEIRO LIBRO DO CURSO: FERREÑAS ROCK AND ROLL
O primeiro libro co que se traballou foi “Ferreñas
Rock and Roll”. “Este libro é un catálogo ilustrado a
toda cor no que se outorga protagonismo a trinta e unha músicas ou formacións
integramente femininas que marcaron un antes e un despois tanto nos seus
respectivos estilos como no conxunto da música galega”.
Con el estivemos os meses de outubro e
novembro e participou alumnado de 1º CS IDMN, alumnado de Bacharelato e da FP
Básica (familia Administrativo). Ao remate do mesmo, o 2 de decembro Laura
Romero, unha das autoras, achegouse ao centro para compartir con nos un pequeno
faladoiro sobre o libro, as súas
inquedanzas e de como xurdiu Ferreñas
Rock and Roll. Unha agradable reunión onde falamos de lectura, igualdade e
empoderamento das mulleres.
SEGUNDO LIBRO DO CURSO: CORREDORA
Para o segundo libro (nos
meses de Xaneiro – Febreiro) foi a quenda de “Corredora”, un libro de María Raimóndez, unha
historia colectiva de superación deportiva. Participou alumnado de 1º CS IDMN.
“A nena protagonista dende noviña o que máis lle gustaba era correr e
correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana
a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis
Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e
voluntario da federación de atletismo que, sorprendido coa súa resistencia e
velocidade, lle propón adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida
mudará, como a doutras nenas, mozas e mulleres etíopes que corren contra si
mesmas sen fin”.
Así aparece na súa contraportada.
“Corredora”
recolle a tradición atlética de Etiopía na busca activa de ta
TERCEIRO LIBRO DO CURSO: AS RAMONAS
Nos meses de marzo e
abril tocoulle á terceira proposta: “As
Ramonas”, un libro de Ana Cabaleiro, no que a
autora conta a historia de Mona Otero, “unha muller loitadora e soñadora que
persegue con ansia, e mesmo con desesperación, a súa meta de triunfar no mundo
da arte.
Toda a historia que
se narra en As Ramonas emana do interior de sucesivos vehículos desde os que a
protagonista nos vai amosando un rosario de factores que delimitan a súa
existencia: a competitividade, a autoestima, os odios, a pobreza, a familia, o
abandono, as aparencias, a falsidade do éxito, a dignidade” (https://editorialgalaxia.gal/produto/as-ramonas/).
O 18 de abril o grupo de 1º IDMN participou nun faladoiro con Ana Cabaleiro, que compartiu con nos como foi escribir As Ramonas.
CUARTO LIBRO DO CURSO: UN CESTO DE MAZÁS
O cuarto e último libro que traballamos no club de lectura este curso 2022-2023 foi “Un cesto de mazás”. Tocoulle nos meses de abril-maio, coincidindo co mes dedicado a súa autora, Montse Fajardo, e coa saída que fixo o alumnado de FOL á Illa de San Simón. Neste último libro participou alumnado de 1º CS IDMN e 1º CS STI.
Un cesto de mazás fala "de
foxas, batallóns, cárceres e exilio", das vítimas evidentes do 36, pero
tamén das outras, de "viúvas obrigadas a sacar adiante soas aos seus.
Criaturas orfas que non volven á escola porque non permítese a entrada a flllas
de vermellos. Nais que saen pola noite a pasear por rúas escuras porque din vos
lanuxes que a Santa Compaña anda cos mortos e elas queren ver ao seu fillo
fusilado unha vez máis...". Para Montse Fajardo elas tamén son vítimas e
por iso este libro "conta que pasou despois do fusilamento, do exilio, do
cárcere...".
O 29 de maio o alumnado
de 1º IDMN e 1º STI participou no faladoiro
con Monste Fajardo, no que se estivo
falando con sobre o libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario